Publicador de contidos
Publicador de contidos

Debate sobre a taxa turística: O Grove súmase a Santiago e solicitará á Xunta a súa aplicación

Debate sobre a taxa turística: O Grove súmase a Santiago e solicitará á Xunta a súa aplicación

O alcalde estuda cobrar de un a dous euros por noite para pode cubrir uns gastos que, asegura, as arcas municipais non poden soportar

Servizos, xardíns ou o mantemento de praias teñen un custo elevado

O prezo da auga dispárase na vila entre 50.000 e 60.000 euros en xullo e agosto

Praia da Lanzada, no Grove, ateigada de bañistas Praia da Lanzada, no Grove, ateigada de bañistas
G24.gal 06/07/2024 18:00

O Concello do Grove amósase a favor de implantar a taxa turística para a que propón cobrar entre un e dous euros por noite para "ofrecer mellores servizos".

Todo iso, explicou o alcalde socialista, José Antonio Cacabelos, co obxectivo de ofrecerlles aos veciños e visitantes uns servizos de calidade.

"Os argumentos que eu defendo non van por masificación ou turismofobia, senón por todo o contrario", esgrimiu.

O Grove, continuou, nos meses de xullo e agosto chega a cuadriplicar a súa poboación ao alcanzar os 30.000 e 40.000 habitantes. Uns meses nos que as facturas da auga, segundo explicou o rexedor ascenden ata os 60.000 euros.

Para facerlle fronte a ese incremento de poboación, o consistorio ten que aumentar o persoal para poder abordar os diferentes servizos.

"Todo iso finánciase co financiamento municipal, que vén principalmente dos tributos locais que pagan os veciños", apuntou. O alcalde remarcou que se a Xunta establecese unha axuda directa para que os concellos turísticos poidan facer fronte a esa subida económica el "metería a taxa turística nun caixón".

O alcalde avanzou que levarán a proposta ao pleno municipal, no que non ten maioría absoluta, tras estudalo e tratalo cos diferentes partidos políticos, previsiblemente, nos meses de inverno.

"O turismo no Grove é importantísimo, porque é unha das bases da economía local e desde a pandemia moito máis. A actividade económica que xera no Grove é indubidable e necesaria", asegurou.

Con todo, esa economía é principalmente no sector privado, pero non no sector público, que é o que ten que manter os servizos. Por iso, ve "de pura lóxica ou de sentido común" que os turistas que veñen e que esixen ter en bo estado as infraestruturas "colaboren economicamente".

Proposta de taxa turística de Santiago

De carácter autonómico e cedida aos concellos que a implanten. A taxa turística deseñada polo Concello de Santiago en colaboración coa USC, propón gravar as hospedaxes dos turistas na cidade con entre 1 e 2,5 euros en función do tipo de establecemento.

Expón un modelo en que o tributo tería carácter autonómico pero a súa recadación e xestión recaería nos concellos que queiran aplicala.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade