Falece un motorista nun accidente en Cerdido, na comarca de Ortegal
Falece un motorista nun accidente en Cerdido, na comarca de Ortegal
O tráxico sinistro produciuse este mediodía do sábado na AC-862, nun choque entre unha moto e un coche
Un motorista faleceu este sábado tras colidir a moto na que circulaba contra un vehículo na estrada AC-862, ao seu paso polo municipio coruñés de Cerdido.
Tal e como informou o 112 Galicia, o sinistro produciuse pouco antes das 14:10 horas no punto quilométrico 35 desa vía, na parroquia da Barqueira.
A esa hora, un particular alertaba á central de emerxencias dun choque entre unha moto e un coche. Ao ter coñecemento dos feitos, os operadores do 112 deron aviso á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Ortigueira e aos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puideron facer por salvar a vida do motorista.
🔴 #AXEGAInforma dun motorista falecido en Cerdido.
— 112 Galicia (@112Galicia) July 6, 2024
📍 AC-862, quilómetro 35, A Barqueira.
▶️ Ao fío das 14:00 horas un particular informa dun choque entre unha moto e un coche.
🚨 Informados: Urxencias Sanitarias de Galicia-061, #GESOrtigueira e @guardiacivil de Tráfico. pic.twitter.com/Q5lHQcZnEF