Nobel de Física para o poder da mecánica cuántica
Nobel de Física para o poder da mecánica cuántica
O xurado destacou os seus traballos, cuxos "resultados despexaron o camiño para novas tecnoloxías"
Os científicos Alain Aspect, John F. Clauser e Anton Zeilingier foron distinguidos hoxe co Premio Nobel de Física 2022 polos seus descubrimentos en relación co "poder da mecánica cuántica", comunicou o Instituto Karolinska en Estocolmo.
Aspect, de nacionalidade francesa; Clauser, estadounidense, e Zeilinger, austríaco, están considerados como pioneiros neste campo, no que levaron a cabo experimentos innovadores utilizando estados cuánticos entrelazados, nos que dúas partículas se comportan como unha soa unidade incluso cando están separadas.
"Os resultados despexaron o camiño para novas tecnoloxías baseadas en información cuántica", explica o xurado.
O anuncio do premio de Física segue ao de Medicina, onte, que foi para o sueco Svante Pääbo polos seus estudos sobre a evolución humana, e nos próximos días coñeceranse os de Química, Literatura, da Paz e de Economía.