Nogueira de Ramuín promove a recuperación dos soutos abandonados para atraer poboación ao rural
Nogueira de Ramuín promove a recuperación dos soutos abandonados para atraer poboación ao rural
Trátase dun proxecto europeo, financiado pola Fundación Biodiversidade, no que participa o concello, o Centro de Investigación de Lourizán e a Asociación de Mullere Rurais Eco da Moura
Recuperan un monte comunal de 150 hectáreas
As máquinas resoan no canón do Sil. Son os traballos de roza que se están a levar a cabo no monte de Moura. Aos seus oitenta e un anos, Antonia lembra cando estas ladeiras de comunal estaban todas traballadas e os castiñeiros en plena produción. A castaña, di, sempre foi unha fonte de riqueza moi importante para zona.
Pór en valor novamente estes soutos é un dos obxectivos do proxecto financiado con fondos europeos en que, ademais do Concello, tamén participa o centro de investigación de Lourizán. Xa recolleron mostras para facer un estudo xenético e identificar as variedades de castiñeiro máis resistentes ás enfermidades que se empregarán para inxertar e replantar.
A Asociación de Mulleres Rurais da zona encargarase de dar a coñecer o traballo de recuperación a través de rutas guiadas. Tamén está previsto promover inicitavitas de silvopastoreo para manter limpo o monte coa introdución de animais e a posta en marcha dunha planta de compostaxe.
Actuacións coas que se busca atraer poboación o rural e mantelo vivo. O orzamento do proxecto supera o millón e medio de euros.