Non hai pisos de alugueiro suficientes para atender a demanda en Ferrol
A chegada de estudantes estranxeiros, militares e traballadores para Navantia fai que aumente a solicitude
Os propietarios prefiren vender a arrendar
En Ferrol non hai pisos de alugueiro suficientes para atender a actual demanda de vivendas para arrendar. Ata as inmobiliarias teñen dificultades para atender a forte demanda.
A escaseza de pisos acentuouse nas últimas semanas coa chegada á cidade de universitarios estranxeiros, militares e traballadores para o estaleiro de Navantia.
En Ferrol os prezos de vivendas en alugueiro anda polos cinco euros o metro cadrado, por debaixo da media galega, que supera os seis euros e medio. Pero a escaseza de oferta, segundo as inmobiliarias, hai que buscala no parque de vivendas.
Outra das razóns é que os propietarios prefiren vender a arrendar. E iso está a atraer investidores. As inmobiliarias cren que cando eses pisos reformados estean dispoñibles no mercado permitirán dar resposta á demanda de alugueiros.