Os comercios de Bueu ofrecen esta fin de semana descontos ata de ata o 70% na feira Non Stock
Os comercios de Bueu ofrecen esta fin de semana descontos ata de ata o 70% na feira Non Stock
Os comerciantes locais saen á rúa con grandes descontos para atraer clientela
O comercio local de Bueu necesita baleirarse para facerlles sitio ás novas coleccións.
"Estou vendo bastantes bos prezos por aquí"
"Sempre atopas algo económico"
"Estes son artículos que son bos a un prezo asequible, e así axudamos ao comercio local", comentan varios clientes
"As vendas, queiramos ou non, van a menos en todos os sectores e, claro, quedan cousas que hai que liquidar, senón peor iríamos aínda", informa Eugenio Blanco, presidente da asociación de Ccomerciantes
Descontos de ata o 70% son, sen dúbida, un gancho irresistible para os clientes. Aos comerciantes tamén lles compensan.
"Si, si que compensa, chega xa un momento que hai que liquidar stock para recuperar, entón logo traes xa todas as novidades para a seguinte temporada, un pouquiño é para iso, liberar stock", explica Lorena Seoane, comerciante
Non Stock volve a Bueu coa participación de 23 establecementos. O éxito de cada edición atrae novos comerciantes.
"O importante é que o comercio se faga ver, o comercio local, na vila, nos arredores, que a xente vexa a variedade de comercio que hai na vila, e todo iso grazas a esta situación conséguese", apunta Lucía Verde, comerciante
"Contenta, é a miña primeira feira, entón pois tamén estou así un pouco expectante", di Eva Rosales, tamén comerciante
O concepto de centro comercial aberto gusta.
"Non tes que moverte de aquí a un quilómetro, e está todo xusto aquí", conta unha clienta
E aquí a oferta é moi ampla.
"Hai óptica, hai calzado, roupa ... está ben para pasar o día", explica outro
Un día que pode facerse moi longo, porque non pechan ata as de 10 da noite; iso si, cun pequeno descanso ao mediodía, que ir á praia tamén presta.