Publicador de contidos
Publicador de contidos

Normalidade nos aeroportos galegos tras as incidencias rexistradas onte

Normalidade nos aeroportos galegos tras as incidencias rexistradas onte

Tras o caos vivido onte nos aeroportos, debido ao erro no sistema de Microsoft que obrigou a cancelar 400 voos en España, as terminais galegas non rexistraron incidencias

Aena programou 117 conexións para este sábado

G24.gal 20/07/2024 16:05

No control de seguridade e nos mostradores de facturación non hai rastro dos problemas  rexistrados debido á incidencia informática en Microsoft. Os aeroportos galegos viven un sábado de temporada alta con 117 voos programados e sen atrasos nin cancelacións previstas.

"Todo ben, viñemos antes polo de onte".

"A facturación ben, si, non hai problema".

"Sorte que non viñemos onte, que sería outra cousa", din os pasaxeiros.

A normalidade regresaba aos aeroportos galegos  xa o venres, segundo AENA. Con todo, na terminal de Santiago, o voo de Ryanair  das once e media da noite con destino Dublín, saía aínda, cun atraso de catro horas, na madrugada do sábado.

"Tivemos sorte, pero tiñamos medo polo de onte".

"Ás veces, xa nos tocaron atrasos e hai que agardar. Non pasa nada, hai que gardar a calma".

Gardar a calma, parece máis doado en días coma hoxe nos que as pantallas informan que os voos van á súa hora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade