Cargando resultados...
Mergúllate na Semana do Cine Submarino en Vigo
Mergúllate na Semana do Cine Submarino en Vigo
Coñece ao lucense Héctor Salvador, o primeiro español que visitou un dos lugares máis profundos do planeta
G24.gal
04/11/2022 20:35
O martes, día 8, comezará en Vigo unha nova edición da Semana de Cine Submarino.
Durante tres días gozarán de producións locais e internacionais con imaxes espectaculares do fondo dos océanos.
Tamén contará coa presenza do lugués Héctor Salvador, o primeiro español que visitou un dos lugares máis profundos do planeta.
O festival comezará cun recoñecemento á Confraría de pescadores de Vigo, polo seu traballo de limpeza do entorno mariño.
Nesta edición volverá contar con sesións para escolares, interrompidas durante a pandemia.