Cargando resultados...
Nova estación intermodal de autobuses de Pontevedra: máis espazo e accesibilidade
Nova estación intermodal de autobuses de Pontevedra: máis espazo e accesibilidade
A Xunta investiu 6,5 millóns de euros na remodelación desta infraestrutura
G24.gal
01/04/2023 14:53
Última actualización 01/04/2023 15:18
Diáfana e con madeira galega, así é a nova estación de autobuses intermodal de Pontevedra en que tamén se remodelou toda a contorna. O máis valorado: a nova vía que evita a entrada dos autobuses no centro da cidade. Pero tamén se creou unha nova zona verde e mellorouse a canle do río Gafos.
A pandemia, a crise económica e de materiais causaron atrasos nesta obra. A remodelación fíxose sen perder a actividade que xa tiña a estación vella. O alcalde e a conselleira reiteraron a súa aposta pola colaboración entre administracións que fixo posible a culminación desta obra.