Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nova pedrada na AP-9 en Vigo: un condutor afectado ao pasar baixo unha pasarela peonil

Nova pedrada na AP-9 en Vigo: un condutor afectado ao pasar baixo unha pasarela peonil

A policía xa investiga o caso para dar cos autores, xa que non se trata da primeira vez que ocorre

Lúa fracturada dun coche/Europa Press Lúa fracturada dun coche/Europa Press
G24.gal 14/02/2025 16:42 Última actualización 14/02/2025 17:24

Un condutor recibiu na mañá deste venres o impacto dunha pedra tras pasar por baixo dunha pasarela peonil da AP-9 ao seu paso por Vigo, sen que houbese que lamentar danos persoais pero si quedando a lúa crebada.

Foi o propio home o que alertou ao 112 Galicia sobre as sete e media da mañá, asegurando recibir unha pedrada no cristal do seu vehículo, sen ver quen foi a persoa que lle tirou o artefacto.

Segundo fontes da Policía Nacional, o altercado produciuse nunha ponte nas inmediacións da rúa Isaac Peral de Vigo, na saída da autoestrada.

As mesmas fontes indicaron que non se trata da primeira vez que ocorre, xa que nos últimos días sucederon feitos similares. Por iso, os axentes xa investigan o caso para dar cos autores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade