Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nova pelexa ás portas dun 'after' no barrio lugués da Milagrosa

Nova pelexa ás portas dun 'after' no barrio lugués da Milagrosa

Un home quedou gravemente ferido ao recibir un forte golpe na cabeza

Un dos implicados na pelexa foi detido por agresión e está á espera de pasar a disposición xudicial

G24.gal 17/02/2025 13:44

Tres homes víronse implicados nunha violenta disputa. Un deles recibiu un forte impacto na cabeza cun obxecto contundente e precisou atención médica urxente ante a gravidade das feridas.

Non é a segunda nin a terceira vez. Os veciños do after do barrio da Milagrosa están cansos dos incidentes que a cada pouco se producen na rúa Luís Seoane. O último, esta fin de semana, cunha violenta disputa ás portas do local nocturno. A policía detivo un home, que está á espera de pasar a disposición xudicial.

Os veciños lamentan a degradación do barrio, onde abondan os locais de copas que funcionan con licenza de cafetería. Dende a asociación de veciños opinan que a solución, aínda que complicada, é modificar a lexislación. Fernando Toubes, voceiro da plataforma SOS Milagrosa-Lugo norte di que "non é o mesmo ter unha licenza de cafetería e abrir ás seis da mañá para dar almorzos, que ter esa licenza e empregala para traballar como bar de copas e que alí a cafeteira practicamente non exista".

Non moi lonxe, no barrio de Garabolos, produciuse outro incidente, protagonizado neste caso por unha muller que iniciou unha forte discusión con outra persoa ás portas dun coñecido establecemento hostaleiro.  Un policía nacional que tentou calmar a muller resultou ferido e precisou asistencia sanitaria ao recibir múltiples rabuñadas.

A muller foi detida e pasou a disposición xudicial. Quedou en liberdade pendente de xuízo por atentado contra a autoridade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade