Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nova protesta de Ence con cortes de tráfico e queima de pneumáticos

Nova protesta de Ence con cortes de tráfico e queima de pneumáticos

Os traballadores mobilízanse na defensa dos postos de traballo

Tras tres sentenzas en contra a pasteira agardan a que se pronuncie o Tribunal Supremo 

G24.gal 29/10/2021 14:37

A mobilización foi organizada ante a ausencia dunha nova convocatoria da mesa de traballo en que as partes implicadas buscan unha solución para a factoría que xa acumula tres sentenzas xudiciais en contra da súa continuidade na ría de Pontevedra.

Piden unha alternativa no caso que os recursos presentados ante o Supremo non sexan favorables. 

Cortaron o tráfico aproximadamente durante unha hora na autovía que une Vigo e Marín e  levantaron barricadas con pneumáticos aos que lles prenderon lume. Din que as protestas non cesarán na defensa dos seus postos de traballo.

Desde o comité de fábrica, quen convocou a protesta, urxen o Goberno central a que ofreza unha alternativa , no caso de que os recursos ante o Tribunal Supremo quen ten agora a última palabra no prosperen. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade