Milleiros de persoas maniféstanse en Pontevedra contra as celulosas de ENCE e Altri
Milleiros de persoas maniféstanse en Pontevedra contra as celulosas de ENCE e Altri
Na marcha os participantes esixiron a "saída" de ENCE da ría de Pontevedra e que "non se instale" a factoría prevista de Altri na Ulloa en Palas
Milleiros de persoas chegadas de toda Galicia participaron este domingo nas marchas a pé entre Pontevedra e Marín en contra da presenza das celulosas no noso país.
Avogan pola desaparición de ENCE en Pontevedra e defenden a "re-naturalización da zona" afectada pola presenza da celulosa na ría. A esta reivindicación sumouse o seu rexeitamento a que a empresa portuguesa Altri se instale en Palas de Rei ameazando, segundo eles, o seu xeito de vida e os seus recursos naturais. Din que o obxectivo común para esixir que se desmantele Ence na ría e que o proxecto de Altri non se aprobe é compartir un futuro sustentable para as persoas, cunha explotación racional dos recursos.
Na Ulloa existen preto de 130 explotacións agrogandeiras e ademais de centro xeográfico de Galicia é punto de paso do Camiño de Santiago.