Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os traballadores de Ence en Pontevedra respiran aliviados tras coñecer a última vitoria xudicial

Os traballadores de Ence en Pontevedra respiran aliviados tras coñecer a última vitoria xudicial

É momento de pensar no futuro e comezar a executar os investimentos planificados

A fábrica poderá quedar na ría de Pontevedra ata o 2073 

G24.gal 01/08/2024 14:15

Os traballadores viven o primeiro día sabendo que a factoría permanecerá en Lourizán mirando ao futuro. A decisión do Tribunal Constitucional garante a continuidade da actividade na biofábrica e dos postos de traballo. 

Co futuro despexado desbloquéanse os investimentos e os proxectos de Ence en Pontevedra; un dos máis importantes o investimento de 120 millóns de euros a partir do ano 2025 co que a dirección pretende facer a biofábrica máis competitiva e sostible. 

Á falta de coñecer a decisión do alto tribunal sobre outro recurso do concello de Pontevedra, a resolución dota de seguridade xurídica plena a permanencia de Ence en Pontevedra ata o ano 2073.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade