Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ence quere situar a Galicia á vangarda na produción de fibras recicladas

Ence quere situar a Galicia á vangarda na produción de fibras recicladas

A multinacional di que o proxecto que quere poñer en marcha nas Pontes podería entrar en funcionamento en 2027

G24.gal 21/03/2024 14:31

Producir biofibras a partir de papel e cartón recuperados e cun consumo mínimo de auga. É o proxecto que Ence di ter en mente para levantar en terreos que ata o de agora ocupaba a antiga central térmica das Pontes, e que tamén incluiría unha planta piloto para a recuperación de fibras téxtiles. 

Segundo o director executivo de Celulosa de Ence aproveitaranse os recursos do contorna, papel e cartón, para descarbonizar, e o propio proceso será tamén totalmente descarbonizado

Din que o proxecto vai xerar arredor de 1.250 postos de traballo directos e indirectos, e que xa está moi avanzado. Falan de 2027 para a súa posta en marcha. Pero para iso cómpre axilizar os trámites administrativos desta e doutras iniciativas que se propoñen para esta zona.

José Bogas, director executivo de Endesa pide que se simplifiquen os procedementos, di que "hai que ser máis áxiles... para as autorizacións ambientais e todo este tipo de cousas".

E a posible declaración da antiga cheminea da central térmica como Ben de Interese Cultural tamén podería frear ese desenvolvemento industrial.

O alcalde das Pontes pide que non se deixe unha cheminea de 356 metros que hipoteca 350.000 metros cadrados pegados a unha autovía que segundo Valentín Formoso ninguén vai manter.

Sobre o futuro industrial de Galicia falouse nun coloquio organizado por La Voz de Galicia e Endesa, no que tamén participou Alfonso Rueda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade