Novas caras no Consello da Xunta
Novas caras no Consello da Xunta
A nova conselleira de Emprego e Igualdade é Elena Rivo, actual vicerreitora do Campus de Ourense
A consellería do Mar queda en mans de Alfonso Villares, que acababa de revalidar a maioría absoluta no concello de Cervo
Cos cambios na Xunta chegan dúas novas caras ao Goberno galego.
A nova conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade Elena Rivo, actual vicerreitora do Campus de Ourense. Tamén foi concelleira na Cidade das Burgas hai 20 anos, con Manuel Cabezas como alcalde. É licenciada en Económicas e doutora en Administración e Dirección de Empresas e está moi vencellada ao mundo empresarial.
A segunda incorporación ao Consello da Xunta é o novo conselleiro do Mar Alfonso Villares, veterinario de profesión. É alcalde de Cervo dende hai 16 anos e acaba de revalidar, en maio, a súa cuarta maioría absoluta. Moi activo na loita pola continuidade de Alcoa, tamén exercía como vicepresidente primeiro da Federación Galega de Municipios e Provincias.