Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novo ataque con drons rusos en varias cidades ucraínas

Novo ataque con drons rusos en varias cidades ucraínas

Tiveron como obxectivo a rexión de Kíiv, aínda que segundo as autoridades, moitos deles foron neutralizados

G24.gal 19/12/2022 20:58

Varias cidades ucraínas padeceron na madrugada deste luns novos ataques con drons. Uns 35 en total que tiveron como obxectivo a rexión de Kíiv, aínda que, segundo as autoridades, moitos deles foron neutralizados.

O Ministerio do Interior informou de que na zona de Kíiv as forzas ucraínas derrubaron 20 e na de MYkolaiv outros dez, todos de fabricación iraniana. É a terceira vez en tres días que se producen ataques coma este e causaron máis cortes de electricidade nunha decena de rexións.

E mentres, o presidente ruso, Vladimir Putin, reúnese na capital bielorrusa, Minsk, co seu homólogo, Aleksar Lukasenko. O obxectivo oficial da visita é analizar a situación político militar e como enfrontar conxuntamente o reto que lles supón a OTAN.

Pero, nun momento decisivo dunha guerra con Ucraína que xa dura 300 días, as autoridades ucraínas temen que o Kremlin estea a prerparar unha nova ofensiva desde territorio bielorruso.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade