Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novo fracaso en Bruxelas para limitar o prezo do gas

Novo fracaso en Bruxelas para limitar o prezo do gas

A ministra de Transición Ecolóxica di que a última proposta segue sendo "elevadísima"

Volverán reunirse o luns para tentar pechar por fin un acordo

G24.gal 13/12/2022 21:20 Última actualización 13/12/2022 21:55

Rematou sen acordo a reunión dos ministros europeos de Enerxía para establecer dunha vez un límite aos prezos do gas. O grupo a favor que lideran España, Bélxica e Italia tentou pactar o funcionamento do mecanismo cos Países Baixos e Alemaña. Pero aínda así foi imposible.

Os dous bandos seguen enfrontados. España, Bélxica e Italia máis unha ducia de socios piden fixar xa un límite para o prezo do gas porque a referencia poderían ser os 220 euros o kW/h, pero non gusta a unha parte nin á outra.

A ministra de Transición Ecolóxica Teresa Rivera sinala que non é o axeitado para consumidores ou industria. Avoga por buscar un prezo medio nos mercados internacionais que estea sempre en vigor, pero outros socios discrepan.

"Consideran que debe haber un prezo de partida para intervir e é un prezo moi alto o que queren sinalar. É un prezo moito máis aliñado coas últimas propostas da presidencia e a nós parécenos que é un prezo elevadísimo", dixo Ribera.

Alemaña, Países Baixos e algúns socios nórdicos temen que un prezo inferior corte a subministración do gas. A solución pasaría por pagar algo máis, unha prima, do que fan Xapón ou a China nos mercados internacionais, pero por debaixo deses prezos disparados que sufrimos os europeos ao longo de todo este ano. O problema é que esa cantidade exacta aínda non se atopa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade