Dous funcionarios, lesionados nun incidente violento no cárcere de Bonxe
Dous funcionarios, lesionados nun incidente violento no cárcere de Bonxe
Lesionados dous funcionarios da prisión ao mediaren nunha lea entre internos
Dous traballadores do centro penitenciario de Bonxe, en Outeiro de Rei, quedaron lesionados nun novo incidente.
No comedor dun dos módulos, catro internos intentaron agredir outro, e cando os funcionarios acudiron para disolver a pelexa, un deles acabou cun tendón roto nunha man e o outro, cun pulso mancado.
Manuel Vázquez, delegado de CSIF de Prisións: "Teñen que envorcallarse polo chan cos internos para intentar esposalos e illalos, para disolver unha pelexa con xente violenta. É o noso traballo, e a diario as agresións que sufrimos son dese tipo".
Como consecuencia do forcexo, un dos funcionarios precisou asistencia médica. O incidente produciuse días despois doutro rexistrado na mesma prisión, en que un traballador quedou inconsciente ao recibir unha cabezada por parte dun recluso e acabou no hospital.
Manuel Vázquez, delegado de CSIF de Prisións: "Ten que facer unha clasificación adecuada para que os internos que o queiran poidan reinserirse e non teñan que padecer malos tratos de compañeiros que deberían estar en psiquiátricos cunha atención que aquí non teñen".
Tamén se rexistrou un incidente recentemente no outro centro penitenciario da provincia de Lugo, o de Monterroso, onde os funcionarios frustraron un intento de fuga por parte dun interno.