Deteñen o estafador de ricos en Outeiro de Rei, que era buscado por 17 reclamacións de xulgados de toda España

O detido di que ten mitomanía e que crea unha identidade falsa
Deteñen en Outeiro de Rei o coñecido como estafador de ricos, que era buscado por 17 reclamacións de xulgados de toda España. Estafaba, presuntamente, negocios de luxo e xente de clase alta.
Peruano de 28 anos, foi detido este luns nun establecemento hoteleiro de Outeiro de Rei. Foi a Policía Nacional nunha operación coordinada desde Madrid. Chamaron ao establecemento para ver se estaba alí. Levaba catro noites hospedado e xa deixara a deber mil euros. No hotel non sabían de quen se trataba e quedaron sorprendidos de que o estaban a buscando.
Fíxose pasar por un alto executivo dunha empresa mineira do Canadá. Foi trasladado á comisaría da Policía Nacional de Lugo, pasou a disposición xudicial o xoves e a xuíza do Xulgado de Instrución número 3 acordou a súa posta en liberdade.
O detido di que ten mitomanía e que crea unha identidade falsa. Gústalle o luxo e faise pasar por unha persoa cun alto poder adquisitivo. Estafa en negocios de luxo e xente de alto poder adquisitivo.