Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novos cortes de tráfico na A-55 debido ás obras da conexión coa autovía Tui-A Guarda

Novos cortes de tráfico na A-55 debido ás obras da conexión coa autovía Tui-A Guarda

Desde hoxe córtase a incorporación sentido Portugal ata o próximo día 25

A próxima semana producirase un novo corte de tráfico noutro dos ramais que afectará ao enlace co polígono de Areas

G24.gal 05/10/2023 14:42

As obras conectan a autovía de Tui-A Guarda coa A-55 mediante unha glorieta elevada de 80 metros de diámetro que canalizará todos os tráficos do enlace. A actuación é unha vella unha reivindicación das empresas asentadas nesta área empresarial.

A nova conexión mellorará as comunicacións das máis de corenta empresas que traballan no polígono de Areas e permitirá incrementar a súa competitividade. 

Para continuar adiante cos traballos desde este xoves quedarán pechados os ramais de entrada e saída da marxe dereita da autoestrada no quilómetro 30 en sentido Portugal. 

Para os usuarios, a nova infraestrutura favorecerá a mobilidade no Baixo Miño. 

A próxima semana haberá un novo corte co peche do ramal de entrada ao enlace dirección Tui. A Xunta de Galicia investiu trinta millóns de euros nesta actuación que xa se atopa na súa fase final con máis do oitenta por cento da obra executado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade