Publicador de contidos
Publicador de contidos

O avogado de Daniel Sancho asegura que xa fai plans para vivir en prisión

O avogado de Daniel Sancho asegura que xa fai plans para vivir en prisión

O chef español estará polo momento 10 días illado no cárcere de Koh Samui

G24.gal 08/08/2023 13:54 Última actualización 08/08/2023 14:28

A Daniel Sancho agárdao un proceso xudicial que comezará despois de 10 días de illamento nesta prisión de Koh Samui e que non dará inicio como pronto ata dentro de 3 meses.

A condena á que se enfronta fillo do actor Rodolfo Sancho oscila, segundo o Código penal tailandés, entre os 20 anos de prisión, cadea perpetua ou pena de morte, aínda que este suposto é pouco probable.

Tamén podería darse o caso de que a acabe cumprindo no noso país, en virtude dun convenio asinado entre Tailandia e España, pero segundo o seu avogado de oficio, el mesmo desbota esta posibilidade e xa pensa nunha longa estancia nun cárcere do país asiático.

Ás poucas horas de confesar o crime, a policía tailandesa levou a Daniel Sancho a todos os escenarios do suceso e onde apareceron restos da vítima, un cirurxián plástico colombiano de 44 anos.

Segundo transcendeu, Daniel Sancho confesou que tivo unha discusión co seu amigo, que forcexaron e que a vítima levou un golpe mortal na cabeza. Segundo medios locais, o chef español despois despezou o corpo durante unhas 3 horas, meteu os restos en bolsas e limpou o cuarto.

O día antes unha cámara de seguridade gravárao mercando un coitelo, bolsas de lixo e produtos de limpeza.

Presuntamente coñecéranse por Instagram e, sempre segundo a declaración do español á policía, quedaran en Tailandia despois dalgunha relación sexual esporádica coas que Sancho quería rematar. Dixo que se sentía un refén do seu amigo e que se estaba a ser chantaxeado por el.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade