Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nueva Pescanova anuncia un ERE que afectará a un cento dos seus 10.000 traballadores

Nueva Pescanova anuncia un ERE que afectará a un cento dos seus 10.000 traballadores

A empresa, en medio dun proceso negociador para a súa venda, xustifica a medida por causas económicas e organizativas

G24.gal 06/09/2023 16:46

Nueva Pescanova comunicou este mércores aos comités de empresa e aos delegados sindicais a súa intención de iniciar un Expediente de Regulación de Emprego (ERE), limitado ao ámbito dos servizos centrais, en centros de traballo de Chapela (Vigo) e Madrid, que afectará a menos dun cento de empregados dos 10.000 da multinacional galega, que está en proceso de venda.

O ERE, segundo informou a compañía nun comunicado, está xustificado por causas económicas e organizativas e busca que a compañía poida "adaptarse a unha contorna global desafiante e asegurar a sustentabilidade da empresa a longo prazo".

Os traballadores afectados, asegura a empresa, contarán con apoio e orientación durante o proceso, segundo a pesqueira, que asegura explorar alternativas posibles e tomar medidas para minimizar o impacto nos seus equipos.

Tras os resultados do último exercicio, derivados principalmente dos elevados custos e da contorna inflacionaria, Nueva Pescanova considera imprescindible optimizar a súa estrutura para adaptala a un mercado que atravesa un momento moi difícil.

Con esta medida, Nueva Pescanova asegura que busca mellorar a súa posición no mercado e manter a excelencia nos seus servizos e produtos.

Nueva Pescanova, propiedade da financeira galega Abanca, atópase inmersa nun proceso de negociación para a venda de parte do seu capital á multinacional canadense Cooke.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade