O 112 atendeu o ano pasado máis de 230.000 incidencias
O 112 atendeu o ano pasado máis de 230.000 incidencias
Os operadores do 112 atenderon a primeira chamada polo accidente do autobús
Melisa é unha das persoas que atenden a diario as chamadas ao servizo de emerxencias galego, o coñecido 112. Chamadas coma a que esta noite pasada alertou do accidente do autobús en Cerdedo-Cotobade.
Melisa e o resto do persoal do 112 atenden desde a base da Axencia Galega de Emerxencias, miles de chamadas, 24 horas ao día, 365 días ao ano.
O 112 atendeu en 2021 máis de 230.000 incidencias
As maior parte das chamadas aos servizos de emerxencia galegos veñen motivadas por peticións de asistencia sanitaria, accidentes, pelexas e incendios. Segundo os datos oficiais, o 112 galego atendeu o ano pasado 230.204 incidencias.
Melisa admite que moitas veces sae do traballo e segue pensando nalgunha das incidencias atendidas.