Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 19 de xaneiro celébrase o Día dos Flocos de Millo

O 19 de xaneiro celébrase o Día dos Flocos de Millo

A orixe da tradición de comer flocos no cinema remóntase case un século atrás na Gran Depresión tras o crac de 1929 nos Estados Unidos

G24.gal 19/01/2024 22:14 Última actualización 19/01/2024 22:23

Este venres 19 de xaneiro o calendario de conmemoracións mundiais sinala que se celebra o Día dos Flocos de Millo. 

Este petisco asóciase principalmente ao cinema. Para falar da orixe da tradición de comer flocos no cinema habería que trasladarse case un século atrás na Gran Depresión tras o crac de 1929 nos Estados Unidos.

Nese momento os prezos de moitos alimentos eran moi elevados, agás o millo, que todos podían comprar e consumir. Proliferaron os postos de venda na rúa.

Unha muller de Kansas City chamada Julia Braden tivo a idea de levar o seu posto de flocos a un cine. Foi así como por primeira vez os flocos chegaron ás salas de cine. O éxito da iniciativa popularizouse, e ata hoxe.

A variedade de sabores é tal que o difícil é non atopar unhas que gusten. Desde as clásicas de manteiga e sal ata opcións máis doces. A popularidade deste clásico é, para moitos, irresistible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos