O 2021 despídese con temperaturas case tropicais
O 2021 despídese con temperaturas case tropicais
Mañá entra un anticiclón que se sumará a unha masa de aire cálido procedente de África
Durante as badaladas os termómetros estarán arredor dos 17 graos nas Rías Baixas
Vendo o día de hoxe, resulta difícil imaxinar que mañá vaia ser un día de sol espectacular. Comezará un ciclo de 48 horas que nos vai traer tempo seco e ademais caloroso, como estes últimos días. As temperaturas máximas estarán por riba dos 20 graos, sobre todo nas Rías Baixas e as mínimas non van baixar dos 15.
De feito, durante as badaladas os termómetros marcarán 16 ou mesmo 17 nalgúns puntos, algo insólito en Galicia.
"Estaría todo ideal se estivera todo ben, estivera todo aberto, con esta temperatura pero..."
"Mellor iso que que faga frío para rematar o ano"
"Que non chova moito e faga calor é bo para que a xente saia máis ao exterior e tal e como está o tema do coroavirus..."
"Estupendo, pero non se pode saír, así que estamos na mesma", comentan varios veciños de Pontevedra
O responsable desta noite case tropical será o anticiclón do Mediterráneo, que en lugar de convivir con aire frío como é habitual nesta época, vaino facer coa borrasca que está no Atlántico e que vén acompañada dunha masa de aire cálido do norte de África.
O máis molesto da noite de fin de ano vai ser o vento, que soprará moderado de sur. Xa pola tarde do día 1 volverá de novo a choiva.