Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 2023 foi o ano máis cálido que viviu Galicia desde 1961

O 2023 foi o ano máis cálido que viviu Galicia desde 1961

Rexistráronse temperaturas máximas case grao e medio máis altas do normal

Canto á chuvia, foi un ano de moito chover, caeu un 21 % máis de auga do que é habitual

G24.gal 17/01/2024 16:01

O 2023 foi o ano máis cálido que viviu Galicia desde 1961, ano en que aparecen os rexistros. Ese é, moi concisamente, o balance meteorolóxico do 2023 en Galicia. Rexistráronse temperaturas máximas case grao e medio máis altas do normal. As mínimas subiron algo máis dun grao.

De feito, o 2023 tivo 9 meses cálidos ou moi cálidos, e só tres, xaneiro, febreiro e xullo, estiveron dentro da normalidade.

A outra característica salientable do ano pasado é que houbo un 21 % máis de precipitacións ca a media e que a choiva caeu dun xeito diferente.

Prognósticos do tempo para o 2024 en Galicia non fan porque teñen unha fiabilidade moi baixa debido á nosa peculiar situación xeográfica, pero hai algo que si se pode adiantar e é que a próxima borrasca se vai chamar Juan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos