Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catro de cada dez empresas galegas contratará persoal nos próximos meses

Catro de cada dez empresas galegas contratará persoal nos próximos meses

O 81 % dos negocios din que teñen problemas para cubrir vacantes

G24.gal 03/07/2024 14:35

O 81 % empresas galegas recoñecen que teñen problemas para cubrir vacantes nos seus cadros de persoal. De cara aos próximos meses agárdase que 4 de cada 10 compañías galegas fagan novas contratacións. 

Recoñecen as vantaxes da FP Dual coa colaboración entre empresas e institutos e apostan por levar a fórmula ás universidades. Din que a formación e aposta en valor da experiencia poden ser claves.

Para atraer talento, máis do 30 % das empresas apostan por ofrecer flexibilidade sobre onde e cando se traballa, e case o 25 % busca recuperar o que se coñece como talento sénior. Son datos dun estudo elaborado pola consultora Manpower.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade