Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 56 % dos consumidores recoñece e identifica os alimentos ecolóxicos

O 56 % dos consumidores recoñece e identifica os alimentos ecolóxicos

A porcentaxe aumentou nun 29 % nos últimos cinco anos

O perfil do consumidor é de entre 30 e 50 anos e moi esixente coa alimentación

G24.gal 28/09/2022 20:29 Última actualización 28/09/2022 21:47

Corenta e cinco mil hectáreas de terreo, 1.500 operadores e máis de 113 millóns de euros de facturación. Son as cifras do sector alimentario ecolóxico en Galicia.

Unhas cifras que non deixan de medrar, pero para iso foi preciso un intenso labor de promoción, identificación e rastrexabilidade.

En cinco anos duplicouse o número de persoas que recoñecen e buscan selos coma os que identifican os diferentes alimentos ecolóxicos e a súa procedencia.

Con todo, o perfil dos consumidores de ecolóxico segue a estar maiormente acoutado ao tramo de idade entre os 30 e 50 anos e a persoas que se informan amplamente antes de mercar.

Outro problema para que medre o coñecemento e compra destes produtos é que se adoitan confundir cos artesáns ou caseiros, que poden ser moi bos pero non contan coa certificación necesaria.

Hai cinco anos só o 27 % dos consumidores daban diferenciado os produtos ecolóxicos, fronte ao 56 % que o fan hoxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade