O aceite de xirasol incrementa o seu consumo case un 40 % nos fogares españois
O aceite de xirasol incrementa o seu consumo case un 40 % nos fogares españois
Con todo, o aceite de oliva segue a ser o preferido das familias
Cada español consome 5,9 litros de aceite de oliva ao ano fronte aos 3,4 litros de xirasol
No que vai de ano o aceite de oliva encarceu preto dun 63 por cento acadando prezos ata agora nunca vistos.
Pola contra os demais aceites diminuíron o seu prezo en máis un 17 por cento, entre eles o de xirasol que se converteu nunha das mellores alternativas para paliar os dez euros por litro que chegamos a pagar polo aceite de oliva.
Con todo o aceite de oliva segue a ser o preferido das familias, e o seu consumo non se ve afectado polo aumento do aceite de xirasol.
Cada español consome 5,9 litros de aceite de oliva ao ano fronte aos 3,4 litros de xirasol.
Segundo datos do Ministerio de Agricultura, o consumo familiar do aceite de xirasol aumentou un 38 por cento no último ano, con case 159 millóns de litros fronte a caída do 10,8 por cento do aceite de oliva, con 274 millóns de litros.