Publicador de contidos
Publicador de contidos

O acusado de matar o irmán cun sacho recoñece o crime e será declarado culpable

O acusado de matar o irmán cun sacho recoñece o crime e será declarado culpable

"Golpeeino dúas ou tres veces", admitiu ante o tribunal, e "despois collín o teléfono e xa chamei a Garda Civil"

O recoñecemento do delito evita a celebración do resto das sesións do xuízo e un xurado popular declarará culpable o acusado

G24.gal 07/11/2022 16:05

"Golpeeino dúas ou tres veces", recoñeceu ante a Audiencia de Pontevedra o home acusado de matar a seu irmán cun sacho en Salceda de Caselas.

O home explicou que pelexou co seu irmán nas inmediacións dunha leira propiedade deste, disputa durante a que "me insultou e deume cun legón"

Tras coller o seu sacho acabou coa vida do irmán "golpeándoo na cabeza" e, a continuación, "collín o teléfono e xa chamei a Garda Civil", relatou no tribunal, esperando no camiño os axentes que acudiron detelo.

Debido a esta confesión, que xa se ratificou en fase de instrución, as partes renunciaron a case todas as testemuñas previstas nun xuízo que ía durar ata o vindeiro venres, e será declarado culpable por un xurado popular.

A sala só escoitou o relato da muller da vítima, que revelou que, tras cometer o crime, o acusado díxolle "aí o tes, entérrao"; e dos forenses, que ratificaron que a morte se produciu como consecuencia dos golpes recibidos na cabeza.

A Fiscalía, que cualificou este crime como un delito "horrendo e repugnante", solicita que o acusado sexa condenado a trece anos de cárcere por homicidio e que indemnice a viúva con 200.000 euros e con outros 300.000 euros os dous fillos da vítima. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade