Publicador de contidos
Publicador de contidos

O acusado de tentar matar a muller en Coristanco acepta 16 anos de prisión

O acusado de tentar matar a muller en Coristanco acepta 16 anos de prisión

O home foi declarado culpable de homicidio en grao de tentativa, malos tratos habituais, inxurias, ameazas continuadas e lesións

O acusado na sala da Audiencia Provincial da Coruña
G24.gal 02/11/2021 12:08

O home acusado de maltratar a muller e tentar matala acoitelándoa en Coristanco en 2020 declarouse culpable estes martes no xuízo e aceptou a pena de 16 anos e medio de cárcere.

O xuízo íase celebrar na sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña, e logo de que as partes chegase a un acordo, xa ditou a sentenza.

Deste xeito, o home foi declarado culpable dun delito de homicidio en grao de tentativa, un de malos tratos habituais, outro continuado de inxurias, un delito continuado de ameazas e dúas de lesións.

Por todos eles, o home foi condenado a 16 anos e medio de prisión e ao pagamento dunha indemnización superior aos 46.000 euros.

O acoitelamento produciuse o 13 de agosto de 2020 cando, segundo indica a Fiscalía, o procesado colleu un coitelo de cociña de 10,5 centímetros de folla e dirixiuse cara á súa parella, que berrou: "Que trae un coitelo, que me vai matar".

A nai da vítima e unha veciña, alertadas polos berros, acudíronlle pero "sen poder impedir que o procesado lle asestase á súa esposa unha puñalada no peito no lado esquerdo coa intención de acabar coa súa vida".

O fiscal sostén que o ataque foi executado "con tal violencia" que deu lugar a que partise o coitelo, quedando o mango na man do agresor, quen "iniciou o movemento para dar unha segunda puñalada" pero, ao verse así imposibilitado a seguir agredindo coa a muller, fuxiu do lugar.

Antes destes feitos, apunta o Ministerio Público, o home xa agredira fisicamente e ameazara a súa muller en varias ocasións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade