Publicador de contidos
Publicador de contidos

O aeroporto de Peinador pechará tres semanas desde este luns por obras nas pistas

O aeroporto de Peinador pechará tres semanas desde este luns por obras nas pistas

O feche das instalacións viguesas afectará uns 85.000 viaxeiros e a uns 800 voos

O aeroporto de Santiago de Compostela disporá de oito voos de reforzo a Madrid

G24.gal 04/05/2024 14:32 Última actualización 04/05/2024 17:03

Esta fin de semana o aeroporto vigués de Peinador pecha as súas portas porque durante tres semanas vanse acometer obras de rexeneración do asfalto.

Serán nove meses de obras en total segundo AENA pero este aeroporto só permanecerá pechado as vindeiras tres semanas, dende o luns ata o 30 de maio, o tempo en que a Unión Temporal de Empresas tardará en remodelar a pista de aterraxe, tanto con traballos de asfaltado como de iluminación. 

Tomando como referencia as cifras de tráfico aéreo de maio do 23, porque non temos cifras oficiais facilitados polas aeroliñas, este peche afectará a uns 85.000 viaxeiros e a uns 800 voos

Tamén segundo AENA será o aeroporto de Santiago de Compostela o que note máis o peche de Peinador. Durante este tempo haberá alí un reforzo de oito voos a Madrid.   

Peinador opera con seis aeroliñas que traballan un destino internacional, Londres, e cinco nacionais, Tenerife, Gran Canaria, Bilbao, Barcelona e Madrid. Son precisamente estes dous destinos os que teñen máis frecuencia e a súa suspensión as próximas tres semanas é o que máis incomodidade supón para os usuarios do aeródromo vigués.

Quedarán abertos os postos de alugueiro de vehículos e a cantina do bar para dar servizo aos traballadores da obra. Noutros negocios os empregados acordaron coas súas empresas coller as vacacións ata o 30 de maio. Os taxistas permanecerán nos seus postos o que dure a obra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade