O alcalde de Pontevedra, contento con que Ence abra unha fábrica nas Pontes
O alcalde de Pontevedra, contento con que Ence abra unha fábrica nas Pontes
Lores defende que a pasteira pode irse da ría de Pontevedra sen que se perdan os postos de traballo en Galicia
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, dixo este martes que se alegra "moitísimo" do anuncio da empresa Ence de estudar a viabilidade de abrir unha fábrica de biomateriais e de papel tisú nas Pontes, xa que permitiría que peche a fábrica na ría de Pontevedra.
"É unha ocasión estupenda. Outra cousa é que Ence queira irse de Lourizán", di o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores.
Lourizán é a zona onde está situada actualmente unha fábrica de pasta de celulosa obxecto dunha sentenza que rexeita a prórroga dunha concesión para permanecer nesa zona.
O alcalde de Pontevedra promove iniciativas contra a localización da fábrica por considerar que a contaminación xerada durante décadas prexudicou outras actividades económicas.
Miguel Anxo Fernández Lores cre que a dirección de Ence non quere abandonar a actual localización. Con todo, na iniciativa anunciada "hai unha posibilidade certa de traslado da fábrica e de garantir os postos de traballo en Galicia".
Por iso, o equipo de goberno alégrase "moitísimo" desa iniciativa, xa que a pesar de que a empresa "dicía que non había a onde trasladarse, parece ser que si hai, e engadiu que "hai outras localizacións" posibles para instalar a fábrica, aínda que considerou que a Xunta é a "autoridade competente" respecto diso.