O alcalde de Silleda retira a súa proposta de dimisión tras acadar un acordo co BNG sobre o seu soldo

O acordo entre partidos e as retribucións aprobaranse nun pleno este xoves
O alcalde de Silleda, o socialista Manuel Cuíña, retirou a súa proposta de dimisión anunciada a semana pasada despois de que a súa formación e o BNG chegaran a un acordo político que inclúe un pacto sobre o seu salario.
O acordo contempla a munipalización de servizos e ampliación de servizos ao rural, a ampliación da limpeza de gabias e un pacto sobre retribucións que se levará ao debate en pleno este xoves.
A alcaldía terá unha dedicación exclusiva de 3.428 euros brutos ao mes.
O texto incorpora unha praza de persoal eventual.
O rexedor sostivo que presentara a súa dimisión ao considerar que o BNG non ía facilitar a gobernabilidade e que non se trataba dunha cuestión de diñeiro.
Tamén aclarou que a súa dimisión non ía ser efectiva ata a súa aprobación no pleno convocado este xoves. Un pleno ao que xa non irá a súa renuncia, senón a proposta de acordo asinada entre ambas formacións