O aleiro bosníaco Edin Atic, nova incorporación do Breogán
O aleiro bosníaco Edin Atic, nova incorporación do Breogán
Procede do San Pablo Burgos e é amigo e compañeiro de selección do exceleste Dzanan Musa
O club celeste chegou a un acordo para incorporar o aleiro internacional bosníaco de 2,01 m e 27 anos
Edin Atić (Bugojno, 19 de xaneiro de 1997) formouse no seu pais en club Kos e OKK Spars Saraievo, onde chamou a atención de clubs como o Real Madrid, que o tivo a proba nos seus proxectos de formación con 14 anos.
Tras actuacións destacadas en torneos internacionais coa selección bosníaca, chega a AEK Atenas en 2015. Posteriormente pasa por KK Mega Bemax (liga serbia e Liga Adriática), Igokea (Liga Bosníaca, ABA Ligue e Eurocup,
Tras un paso por KK Igokea en 2020-21, ficha en Budocnost Montenegrino (Prva A Liga, ABA Liga e Eurocup). Na campaña 2023/24
En marzo de 2024 chega a San Pablo Burgos para ter a súa primeira experiencia en España.
Edin Atic é un aleiro alto, moi sólido no seu xogo, onde destaca en varias facetas. Un xogador de equipo e polivalente que pode xogar mesmo de base
Atic é internacional con Bosnia, onde é amigo e compañeiro de selección do exceleste Dzanan Musa, e con cuxo combinado nacional promediou, no último torneo preolímpico disputado en Polonia e Estonia, 8,4 puntos, 6 rebotes e 7 asistencias por partido.