Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dende o luns será obrigatorio aplicar o xurro na terra con inxectores

Dende o luns será obrigatorio aplicar o xurro na terra con inxectores

Aplicación de xurros e caderno dixital son as principais novidades

Tamén se introducen rotacións nos cultivos

G24.gal 03/01/2024 19:59 Última actualización 03/01/2024 20:44

Alberto garda a cisterna por derradeira vez antes de incorporarlle a maquinaria que esixe a nova normativa de xurros.

Dende o luns é obrigatorio esparexelos mediante inxectores na meirande parte das explotacións agás nas de alta montaña ou as de moi pequeno tamaño.

Unha norma europea obriga a facer investimentos que poden chegar a 20.000 euros e obriga a aprender a usar as novas máquinas.

As explotacións de máis de 30 hectáreas saben que este ano terán que incorporar o caderno dixital. Un rexistro electrónico de todos os usos que se fagan das terras e de todos os produtos que se apliquen.

O problema é que faltan profesionais para formar os gandeiros, medios técnicos e información sobre os pasos que deben dar.

A nova PAC obriga tamén a unha rotación máis intensa de cultivos forraxeiros. Así, todo apunta a que este ano os gandeiros verán incrementada a súa carga de traballo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade