Vigo apaga as luces dun Nadal espléndido que durou dous meses
Vigo apaga as luces dun Nadal espléndido que durou dous meses
A ocupación hoteleira roldou o 90 % na semana e o 100 % os sábados e domingos
Hostaleiros e comerciantes fan un balance moi positivo da campaña do Nadal na que fin de semana tras fin de semana, agás os días de temporal, Vigo foi o líder turístico da provincia e da comunidade.
A razón do cheo da cidade olívica estivo no reclamo das luces de Nadal, unhas luces que se apagaron coa conta atrás desde a Porta do Sol este domingo. Foi nun acto presidido polo alcalde da cidade, Abel Caballero, na árbore de Nadal.
Como o día do acendido, aquel 19 de novembro, o tempo non acompañou. Volveu chover pero iso non freou o espírito festivo desta cidade.
Segundo o Observatorio Turístico da Deputación de Pontevedra, Vigo encabezou o ránking da ocupación hoteleira cunha media do 90 %, que chegou ao 100 % as fins de semana.
Despois de oito semanas iluminados, despois de nove fins de semana acendidos, dende este domingo e seguramente ata novembro de 2023, o Nadal xa non vive en Vigo.