Cargando resultados...
O Aragón, o filial do Real Zaragoza, será o rival do Pontevedra na fase de ascenso
O Aragón, o filial do Real Zaragoza, será o rival do Pontevedra na fase de ascenso
O filial do Zaragoza está dirixido por Emilio Larraz, antigo adestrador do Rácing de Ferrol
G24.gal
06/05/2024 13:41
Última actualización 06/05/2024 13:44
O Aragón, o filial do Real Zaragoza, será o rival do Pontevedra na fase de ascenso a 1ª Federación. O equipo granate parte coa vantaxe do factor campo. En Pasarón xogará o encontro de volta. A ida, na cidade deportiva do Zaragoza.
O filial do Zaragoza está dirixido por Emilio Larraz, antigo adestrador do Rácing de Ferrol. Se pasa esta rolda, o Pontevedra xogará unha eliminatoria final.
Nas dúas roldas non haberá penaltis. Isto significa que o Pontevedra, se empata os catro partidos, dúas eliminatorias, estará ascendido. Todo porque foi segundo na liga regular.