O Arenteiro é o mellor equipo da segunda volta e mira ao play off
O Arenteiro é o mellor equipo da segunda volta e mira ao play off
Gañou por 5-1 ao Llanera, un resultado curto polos seus merecementos
É o mellor equipo da segunda volta. Goleou a un Llanera que chegaba nun momento espectacular. O Arenteiro chega aos corenta puntos. Deixa unha porcentaxe moi alta da permanencia resolta e empeza a mirar cara o play off.
O partido desta mañá foi un dos mellores da temporada. Unha tormenta futbolística na que caeron cinco goles, e ben puido ser algún máis.
No primeiro tempo marcaran Renan Zanelli de penalti e Marcos Alonso. Na segunda parte chegou o momento de Raúl Blanco. O xogador cedido polo Celta anotou o terceiro e o cuarto e xa forzara a acción do penalti do primeiro gol. Un xogador sobre o que poñer o foco.
Co partido rachado Renan, que está a asinar os mellores rexistros da súa carreira, marcou quinto tanto e Amadou fixo o da honra para o equipo asturiano. Son 23 puntos en 12 xornadas para un equipo que na primeira volta só fixera dezasete.