O Arenteiro empata no Espiñedo contra o Zamora, rival da zona alta
O Arenteiro empata no Espiñedo contra o Zamora, rival da zona alta
A expulsión de Adrián Cruz na segunda metade frustrou a remontada dos galegos
No Espiñedo, o Arenteiro empatou a un gol ante o Zamora do galego Yago Iglesias. Os zamoranos acumulan oito xornadas sen perder, o que os converte nun rival moi perigoso. E demostrárono no minuto 23, cando abriu o marcador Marc Caballé.
Os do Carballiño están nunha semana histórica, que vai culminar coa visita do Atlético de Madrid ao Espiñedo, pero buscaron a remontada que lles permitise manterse con autoridade no máis alto da Segunda Federación.
Houbo que agardar ata a segunda metade para ver o gol o empate. Foi de penalti. Transformouno Álex Fernández á media hora para o final. Cando parecía que os ourensáns tiñan máis preto o 2 a 1 chegou a acción que sería determinante: unha entrada de Adrián Cruz no centro do campo significou o seu segundo cartón amarelo, e deixou ao Arenteiro con 10. Cun home menos, os de Javi Rey non puideron anotar ese segundo tanto e o empate e uns foi xa definitivo.