O Arenteiro gaña o sector galego da Copa Federación
O Arenteiro gaña o sector galego da Copa Federación
Impúxose na final ao Compostela por 2-1 cun gol de Manín Gonzaga no 84'
O Arenteiro gañou o sector galego da Copa Federación e mantén a opción de chegar á Copa na que se enfrontaría a un equipo de Primeira División.
A unha semana de principiar a liga de Segunda RFEF foi unha boa pedra de toque para o equipo do Carballiño e para o Compostela. Adiantáronse dos de Fran Justo cun gol de Joseca no minuto 22. Nunha acción polémica empatou o Compostela cun penalti transformado por Mario.
Parecía encamiñado o encontro cara a quenda de penaltis pero nunha falta sacada de xeito rápido polo Arenteiro o dianteiro fichado do Salamanca Manín Gonzaga acertou a meter a perna e darlle o título ao seu equipo (minuto 84). O encontro acabou quente coa expulsión por cartón vermello directo do compostelanista Allyson.