O Arenteiro non pode superar a Ximnástica de Torrelavega no Espiñedo (0-0)
O Arenteiro non pode superar a Ximnástica de Torrelavega no Espiñedo (0-0)
Os de Javi Rey tiveron as mellores ocasións, pero o resultado non se moveu
O Arenteiro non puido pasar do empate a cero inicial ante a Ximnástica de Torrelavega no Espiñedo. Foi un partido en que os do Carballiño tiveron o control, pero toparon cun rival ordenado que non lles deixou crear grandes ocasións de perigo.
Houbo que agardar ata a segunda metade para ver as accións máis claras. E saíron das botas de Pibe. Primeiro, o extremo asistiu a Manín, pero a cabezada deste saíu desviada por moi pouco. Xa no treito final do partido, e logo dunha secuencia de varios córneres e envíos laterais, Pibe volveu buscar o corazón da área, pero o seu centro non atopou ningún compañeiro e marchou cruzado lambendo o pau.
Co empate, o Arenteiro mantén o liderado, aínda que pendente de novos rivais na loita polo ascenso directo, como o Avilés e o Valladolid Promesas, que gañaron os seus encontros desta xornada.