O Arenteiro agarda que Espiñedo continúe a ser o fortín da salvación
O Arenteiro agarda que Espiñedo continúe a ser o fortín da salvación
Recibe en Espiñedo o Osasuna Promesas coas cámaras da G2 como testemuña (sábado, 19:00)
O domingo veremos o Deportivo-Tarazona, tamén ás 19:00
As cámaras da galega estarán este sábado en Espiñedo para ofrecérlles o Arenteiro-Osasuna Promesas. As sensacións no Carballiño son extraordinarias tras derrotar a Cultural.
O domingo desprazarémonos a Riazor, ao Deportivo-Tarazona. Os coruñeses encadean catro vitorias consecutivas e queren estender a serie unha xornada máis para seguir recortando puntos co líder.
O domingo ao mediodía xoga o Celta Fortuna. Visita a casa do Real Unión tras empatar a tres co Teruel a semana pasada nun partido marcado polos erros celestes a balón parado. Xa son cinco as xornadas sen gañar.
O Lugo visita o Teruel esta xornada. Alá buscará a segunda vitoria da etapa de Alves á fronte do equipo. Non será doado. O Teruel, pechancelas do grupo, suma quince empates esta temporada e sete derrotas, unha menos que o Lugo.