O Barakaldo acaba coa boa serie do Arenteiro (2-0)
O Barakaldo acaba coa boa serie do Arenteiro (2-0)
Os vascos, nun gran momento, venceron con goles de Huidobro e Jesús Martínez
Martín Solar dispuxo dun penalti que non puido marcar
O Arenteiro caeu na súa visita a Barakaldo diante dun dos equipos revelación deste grupo I da Primeira Federación, e deu así apor concluída a súa serie de tres vitorias consecutivas.
Os ourensáns tardaron en meterse no partido en Lasesarre, onde os locais, que chegaban de gañar con autoridade no Couto, avisaron con dous lanzamentos de Pablo Santiago e Sanaddi, aos que respondeu con seguridade Diego García. Foron o preludio do primeiro gol, logo dun centro chut de Pablo Santiago que non queda moi claro se chega a peitear Huidobro. Entre os dous bateron a Diego García.
Co 1-0 chegouse ao descanso e, xusto á volta dos vestiarios, Diego Gómez tiña unha ocasión inmellorable, pero saía Unao Pérez de xeito espectacular para desbaratala. E, mediada esta segunda metade, Jesús Martínez ampliaba a diferenza. Entrara no campo so 35 segundos antes.
O Arenteiro non se deu por vencido, e dispuxo dun penalti, pero Unai volveulle gañar a partida, desta volta a Martín Solar. O rexeitamento mandouno alto Iano. Malia á derrota, o Arenteiro mantense na parte alta da táboa