Publicador de contidos
Publicador de contidos

O At. Guardés queda ás portas da final da Copa da Raíña

O At. Guardés queda ás portas da final da Copa da Raíña

As galegas perderon co Bera Bera (25-23) na repetición da semifinal do ano pasado

G24.gal 22/04/2023 23:06

O Atlético Guardés quedou ás portas da súa segunda final consecutiva na Copa. As galegas caeron diante do Bera Bera, gran favorito, que se desquitou da eliminación da temporada pasada e xogará polo título contra o Granollers.

As de Ana Seabra non entraron ben ao partido, e comezaron con moitos problemas para facer gol. As guipuscoanas fuxiron no marcador co 3-0 inicial e co 10-4

Pero as guardesas reaccionaron, aproveitando as exclusións no Bera Bera para colocarse 10-8 e 12-9 ao descanso.

Na segunda metade o Guardés forzou ás vascas a xogar máis estáticas, e estas tiveron moitos máis problemas para anotar. Patricia Lima tomou a responsabilidade anotadora, e comandou a reacción no marcador ata o 23-22 que as deixaba coa posibilidade de empatar. Pero unha mala xestión dos dous ataques decisivos condenounas. Finalmente o Bera Bera levou o triunfo por 25 a 23 e vai estar na final.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade