Publicador de contidos
Publicador de contidos

O ataque machista de Vox á ministra Irene Montero incendia o Congreso

O ataque machista de Vox á ministra Irene Montero incendia o Congreso

A deputada ultradereitista Carla Toscano asegura que o “único mérito” da ministra de Igualdade “é estudar en profundidade a Pablo Iglesias”

Montero pide “parar os pés” aos “fascistas” e recibe o apoio de todos os grupos menos PP e Vox

Irene Montero chama a parar aos fascistas despois de que esta tarde a insultaran no Congreso
G24.gal 23/11/2022 22:31 Última actualización 23/11/2022 22:48

Os ataques machistas da ultradereita contra a ministra de Igualdade Irene Montero provocaron esta tarde a reacción de practicamente todos os grupos políticos.

A deputada de Vox Carla Toscano aproveitou a súa intervención no debate dos Presupostos Xerais do Estado para descualificar e insultar sen tregua a Montero. 

Acusouna de ter como único obxectivo político “destruír a natureza humana baixo as bandeiras da liberdade e a igualdade” para construír “un mundo de persoas alienadas”.  Acusouna de “criminalizar aos homes e violar a súa presunción de inocencia e abandonar os nenos agredidos, que sofren abuso e son secuestrados cando a delincuente é unha muller”.

Chamoulle “libertadora de violadores” e engadiu que o único mérito da ministra fora estudar en profundidade a Pablo Iglesias.

Foi entón cando todos os deputados, agás os de Vox e o Partido Popular, empezaron a bater nas bancadas ao berro de "vergoña", "vergoña".

Irene Montero pediu que estes insultos non se retiren da acta da sesión para que ningunha outra muller volva padecer esta violencia no Congreso e fixo un chamamento a parar o fascismo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade