Publicador de contidos
Publicador de contidos

O autor do roubo no restaurante Atrio de Cáceres recoñece que levou as botellas pero non di onde están

O autor do roubo no restaurante Atrio de Cáceres recoñece que levou as botellas pero non di onde están

Dumitru fala para a prensa á saída da cadea

Ten o seu primeiro penitenciario, pero a súa condena é de 4,5 anos

El e a súa parella foron considerados culpables de roubo con forza

G24.gal 26/07/2024 14:14

26 de outubro de 2021, Constantin Gabriel Dumitru leva da adega do restaurante Atrio, en Cáceres, 45 botellas de viño que suman un prezo estimado máis de millón e medio de euros. Entre elas, o gran tesouro, un Chateau de Y`quem, valorado daquela en máis de 300.000 euros. Agora, á saída do seu primeiro permiso penitenciario, o autor do roubo ponse misterioso cando se lle pregunta onde están as botellas. 

A súa parella Priscila Lara tamén saíu da prisión estes días. Ela fora a que se rexistrara no hotel Atrio, a que pedira unha ensalada de madrugada e logo unha peza de froita, mentres Dumitru saqueaba a millonaria adega.

Os dous foron condenados a catro anos e medio de cadea por estes feitos. Di que se cometeron irregularidades no xuízo e que vai loitar para que se repita, aludindo a unha presunta trama serial da que promete máis capítulos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos