Publicador de contidos
Publicador de contidos

O AVE a Ourense duplica a demanda de billetes entre Galicia e Madrid

O AVE a Ourense duplica a demanda de billetes entre Galicia e Madrid

O aumento de vendas dispara o prezo dos billetes

Persoas que chegan desde Madrid no Ave
G24.gal 03/07/2022 14:10 Última actualización 03/07/2022 14:43

Son moitas persoas as que optan polo tren para os seus desprazamentos de verán. Desde a chegada do AVE a Ourense, o ferrocarril converteuse nun dos medios de transporte con máis demanda en Galicia, duplicando o número de pasaxeiros. 

Non hai máis que entrar na páxina de Renfe, e intentar mercar un billete, para ver como está a situación para este mes de xullo. Hai moitos trens que están xa completos, sobre todo durante a fin de semana e, especialmente, de Madrid a Galicia, máis que á inversa.

Ademais, os billetes dispoñibles están máis caros do habitual, a maioría soben dos 85 euros. Falamos fundamentalmente do AVE, no Alvia e nos trens de media e longa distancia si que segue habendo prazas. 

Segundo o último boletín do Adif, a posta en funcionamento do AVE fixo que se duplicara a demanda de viaxes entre Galicia e Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade