Publicador de contidos
Publicador de contidos

O avogado do maquinista do Alvia recorrerá o ditame para evitar que entre en prisión

O avogado do maquinista do Alvia recorrerá o ditame para evitar que entre en prisión

Critica que non se lle aplicaran como atenuantes a dilación indebida do ditame, a reparación do dano e a petición de perdón ás vítimas

O letrado considera que a responsabilidade do condutor do tren e a do exdirector de Adif non son equiparables

G24.gal 27/07/2024 20:12 Última actualización 27/07/2024 21:16

A sentenza considera igual de responsables o maquinista do Alvia e o exdirector de seguridade de Adif. A ambos os dous imponlles unha pena de dous dos anos e medio de prisión por 79 homicidios imprudentes. O avogado do maquinista considera que as responsabilidades non son equiparables.

"Non é o mesmo estar nos despachos, con todos os medios, tendo que analizar e incumprindo normas, que ter un despiste nuns segundos, que lle pode pasar a calquera humano”, asegura Manuel Prieto, avogado de Francisco José Garzón.

O avogado do maquinista critica que a sentenza non tivera en conta tres atenuantes. A primeira, a de dilación indebida, xa que o ditame tardou en saír once anos; a segunda, a de reparación do dano, a través das indemnizacións millonarias que aínda que o maquinista non podía asumir persoalmente, si asumiu a aseguradora de Renfe, e a terceira, a de petición de perdón ás vítimas. 

“Esas tres atenuantes, aínda poñendo a máxima pena, deberían ter reducido a pena do maquinista a menos de seis meses”, asegura o avogado de Francisco José Garzón.

Baseándose nestes argumentos, o avogado do maquinista recorrerá a sentenza para intentar  evitar que o seu defendido teña que entrar en prisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade